Lipofuscina

Micrografía na que se mostra a lipofuscina, de cor castaño/amarelo, nunha biopsia de fígado con GGH; tinguidura de hematoxilina-eosina.

A lipofuscina é o nome que reciben certos gránulos celulares dun pigmento de cor amarela-castaña finamente granular, que están compostos de residuos principalmente de contido lipídico resultantes da dixestión lisosómica. Considérase que é un dos pigmentos que se orixinan coa idade, que se encontra no fígado, riles, músculo cardíaco, retina, glándulas adrenais, neuronas, e células ganglionares. Coa idade orixina manchas na pel chamadas lentigo solar ou senil[1] Acumúlase arredor do núcleo das células, e é un tipo de lipocromo. Presenta fluorescencia en bandas próximas aos 400 nm.[2][3]

  1. Manchas por la edad (lentigo senil o lentigo solar): definición. Onmeda.es [1] Arquivado 01 de novembro de 2014 en Wayback Machine.
  2. The free dictionary
  3. Nature.com definition

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy