Liposoma

Esquema dun lisosoma formado por fosfolípidos en solución acuosa.

Un liposoma (do grego 'corpo graxo') é unha vesícula esférica que ten polo menos unha bicapa lipídica. Os liposomas poden utilizarse como vehículo para a administración de nutrientes e fármacos.[1] Poden prepararse desintegrando membranas biolóxicas por procedementos como a sonicación.

Os liposomas están formados xeralmente por fosfolípidos, especialmente fosfatidilcolina, pero poden tamén conter outros lípidos, como a fosfatidiletanolamina de ovo, con tal de que sexan lípidos compatibles coa estrutura da bicapa lipídica.[2] No deseño dun liposoma para a administración de fármacos poden empregarse ligandos de superficie para que se unan a través deles a un tecido enfermo que se quere tratar.[3]

Os principais tipos de liposomas son:

  • Vesículas multilamelares (VML ou, na literatura inglesa, MLV), que teñen varias bicapas lipídicas de fase lamelar.
  • Vesículas pequenas unilamelares (VUP, ou, en inglés, SUV) dunha soa bicapa lipídica.
  • Vesículas grandes unilamelres (VGU, ou, en inglés, LUV), similares ás anteriores pero maiores.
  • Vesículas cocleadas.[4] Un tipo menos desexable de liposomas multivesiculares nos cales unha vesícula contén unha ou máis vesículas máis pequenas.

Os liposomas non deben confundirse cos lisosomas (orgánulos celulares dixestivos), nin coas micelas e micelas inversas compostas de monocapas.[5]

  1. Kimball's Biology Pages, Arquivado 25 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. "Cell Membranes."
  2. Cevc, G (1993). "Rational design of new product candidates: the next generation of highly deformable bilayer vesicles for noninvasive, targeted therapy.". Journal of Controlled Release 160 (2): 135–146. doi:10.1016/j.jconrel.2012.01.005. 
  3. Torchilin, V (2006). "Multifunctional nanocarriers". Advanced Drug Delivery Reviews 58 (14): 1532–55. PMID 17092599. doi:10.1016/j.addr.2006.09.009. 
  4. Explanation on twst.com commercial page, cf. also Int.Patent PCT/US2008/074543 on p.4, section 0014
  5. Stryer S. (1981) Biochemistry, 213

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in