A literatura de viaxes consiste en libros de viaxe que son considerados literatura; non constitúe unha categoría ou un xénero literario universalmente recoñecido. Trátase de textos que recollen os acontecementos, os sentimentos e as voces dunha viaxe realizada polo narrador, que pode ou non coincidir co autor empírico. Segundo a perspectiva crítica pode sosterse que a mera enumeración de feitos non constitúe per se literatura, pero esta non é unha postura universal. Obras que falan de aventura, conquista ou exploracións son recollidas tamén normalmente baixo a categoría de literatura de viaxes.