Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2009) |
O Modernismo é un movemento artístico e literario iniciado en Hispanoamérica grazas a autores como o cubano José Martí, o mexicano Manuel Gutiérrez Nájera e, sobre todo, o nicaraguano Rubén Darío. O Modernismo iníciase coa publicación de Azul... en 1888 por Rubén Darío e remata co estoupido da primeira guerra mundial en 1914.