Series de |
Mitoloxía celta |
---|
Mitoloxía gaélica |
Mitoloxía britónica |
Relixión |
Festivais |
O Libro negro de Carmarthen, (en lingua galesa Llyfr Du Caerfyrddin), é probabelmente o manuscrito medieval conservado máis antigo redactado enteiramente en galés.[1] Escrito sobre o 1250, o libro porta o nome da capital do Carmarthenshire, Carmarthen (Caerfyrddin en galés), mentres que a cor negra se refire á tonalidade da encadernación. Está depositado na Biblioteca Nacional de Gales, onde está catalogado como NLW Peniarth MS 1.
O libro é unha escolma de textos poéticos divididos en varias categorías. Hai poemas con temas relixiosos e odas á oración e o loito. Para os estudosos, o maior interese deste manuscrito son os poemas sobre as tradicións e as referencias á mitoloxía galesa, así como os heroes e o Hen Ogledd. Tamén teñen especial importancia os conectados coa lenda do Rei Artur e Merlín. Un dos poemas, Gereint fil erbin, fai referencia á Batalla de Llongborth, cuxa localización nunca puido ser sinalada, e na que se menciona a participación de Artur.
Publicouse recentemente no xornal de Carmarthen a posibilidade de aloxar o "Libro negro" na súa cidade, polo que podería ser visto pola xente do lugar e polos turistas.