Loita

Loita libre olímpica.

A loita é unha disciplina deportiva e un deporte de combate existente dende hai milenios. Existe un enorme número de variedades. Dúas delas, ao seren disciplinas olímpicas, contan cunha especial difusión internacional: son a loita libre ou loita libre olímpica e a loita grecorromana. Ademais, a variedade de loita libre é practicada por homes e por mulleres, polo cal ao deporte feminino se lle coñece ás veces co nome independente de loita feminina.

A loita é un deporte onde cada participante intenta vencer ao seu rival sen o uso de golpes. O obxectivo consiste en gañar o combate facendo caer ao adversario ao chan e mantendo os dous ombros fixos sobre o tapiz ou gañando a puntos. Existen porén regras particulares segundo os distintos estilos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy