London School of Economics

London School of Economics and Political Science
LSE
Datos xerais
LocalizaciónLondres
Datos actuais
ReitorNemat Shafik
Datos de contacto
EnderezoHoughton Street, WC2A 2AE
Páxina webwww.lse.ac.uk
Facebook: lseps Twitter: LSEnews Instagram: londonschoolofeconomics LinkedIn: london-school-of-economics Flickr: lseinpictures Dialnet: 2122001 Souncloud: lsepodcasts Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Entrada principal
Escadas da biblioteca, deseñadas por Norman Foster

A London School of Economics and Political Science (máis comunmente London School of Economics ou LSE) é unha facultade da Universidade de Londres en Westminster. A facultade abriu en 1895 e ingresou na Universidade de Londres en 1900. Hoxe é unha das principais universidades de Dereito, Economía e Ciencias Políticas. QS clasificouno como a segunda mellor universidade do mundo para ciencias sociais en 2013.[1]

Algunhas das persoas coñecidas que asistiron á facultade son Bertrand Russell, John Fitzgerald Kennedy, George Bernard Shaw, John Richard Hicks ou Mick Jagger.

É membro do grupo Russell, da European University Association e de CIVICA - The European University of Social Sciences, unha rede de oito universidades europeas centradas na investigación en ciencias sociais.[2] Foi destacada no relatorio sobre investigación académica 2014 Research Excellence Framework.

No ano 2011, 17.654 persoas solicitaron 1.271 prazas de grao. Isto significa que houbo 13,8 solicitantes por cada praza. Máis da metade dos estudantes de LSE son posgraos. 16 gañadores do Premio Nobel foron estudantes ou persoal da LSE. Ten a maior porcentaxe no mundo de estudantes estranxeiros e o 46% do persoal é doutros países.[3]

  1. "QS Rankings". Arquivado dende o orixinal o 13-09-2013. Consultado o 6-2-2022. 
  2. "London overtaking Oxbridge domination". BBC News (en inglés). 2014-12-18. Consultado o 2022-02-06. 
  3. Staff, Guardian (2020-09-04). "University guide 2022: London School of Economics and Political Science". the Guardian (en inglés). Consultado o 2022-02-06. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy