Los Serrano | |
---|---|
Formato | Comedia familiar |
Creado por | Daniel Écija Álex Pina |
Intérpretes | Antonio Resines Belén Rueda Jesús Bonilla Verónica Sánchez Fran Perea Natalia Sánchez Víctor Elías Jorge Jurado Antonio Molero Nuria González Alejo Sauras Goizalde Núñez Alexandra Jiménez Julia Gutiérrez Caba |
Tema de apertura | "Uno más uno son siete" (Fran Perea) |
País de orixe | España |
Episodios | 147 |
Produción | |
Duración | 80 minutos (aprox.) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Telecinco |
Primeiro episodio | 22 de abril de 2003 |
Derradeiro episodio | 17 de xullo de 2008 |
Na rede | |
http://www.losserrano.telecinco.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Los Serrano foi unha serie de televisión producida por Globomedia e emitida orixinalmente pola canle española Telecinco entre o 22 de abril de 2003 e o 17 de xullo de 2008, durante oito tempadas. Relata os enredos da familia Serrano, que vive na Rolda de Santa Justa nº 133, situado no ficticio barrio de Santa Justa, na Ribeira do Manzanares, en Madrid. A familia rexenta a taberna Hermanos Serrano.
Desde a súa estrea, foi un dos espazos con maior audiencia da canle, sendo o programa máis visto en España en 2004 e mantendo de forma regular o liderado de audiencia na súa franxa horaria.
Ademais do apoio do público, a serie recibiu tamén múltiples premios, entre os que destacan o Ondas á Mellor serie española, o Micrófono de ouro, o Fotogramas de Prata, o Premio Zapping ou o da Academia da Televisión, entre outros.