Loureiro

Loureiro

Ilustración do loureiro (Laurus nobilis).
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Magnoliidae
Orde: Laurales
Familia: Lauraceae
Xénero: Laurus
Especie: L. nobilis
Nome binomial
Laurus nobilis
L.

O loureiro (Laurus nobilis) é unha árbore do xénero Laurus da familia botánica das Lauraceae ou lauráceas. É orixinaria do Mediterráneo oriental, varía entre 5 e 10 metros de alto, mais pode atinxir até 20 m de altura. As súas follas son vistosas, coriáceas e cun recendo moi característico. Por iso son moi usadas en condimentos na culinaria en xeral. O seu froito, chamado lorbaga[1] é do tipo baga e cando está maduro ten cor negra. Alén diso, a madeira desta árbore é de excelente calidade. Hai aínda algunhas propiedades medicinais para reumatismo, estómago etc.

Na Grecia Antiga as coroas confeccionadas con ramos de loureiro eran o símbolo da vitoria para os atletas e heroes nacionais. Ese costume tamén se herdou na Roma na época dos Césares. Por iso o termo laureado deriva xustamente do xénero Laurus.

En Galicia ademais do seu cultivo forma parte da vexetación espontánea, xeralmente en lugares húmidos, noiros, socalcos e pretos dos regos. Recibe tamén o nome de gamallo[2]. Un estudo recente encontrou que as estacións nativas clasificadas como L. nobilis no norte de España (en Galicia por exemplo) estaban máis preto xenética e morfoloxicamente de L. azorica que da poboación de L. nobilis nativa en Francia e Italia[3] É certo que en Galicia os loureiros adoitan medrar en ambientes moi húmidos, moito máis ca nos que medra o loureiro común mediterráneo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lorbaga.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gamallo.
  3. Arroyo-García, R., Martínez-Zapater, J.M., Fernández Prieto, J.A., & Álvarez-Arbesú R. (2001). AFLP evaluation of genetic similarity among laurel populations. Euphytica 122 (1): 155-164.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in