Louro (pelo)

Porcentaxe de persoas de cabelos loiros en diferentes rexións de Europa, de acordo co antropólogo da Universidade de Laval, Peter Frost. Canto máis clara é a cor, maior é a porcentaxe de persoas loiras naquela rexión.
Nena loura.

Louro[1] ou loiro[2] (do latín Laurus) é unha cor do cabelo humano que oscila entre o amarelo e o castaño claro, caracterizada por baixos niveis de pigmentos escuros (eumelanina) e altos niveis de feomelanina [3].

Do acastañado-claro ao louro clarísimo, os distintos graos de louro se atopan naturalmente en menos de 2% da poboación adulta de todo o mundo.

Outros termos para persoas louras son laurícomos e lauricápilos (do latín, laurus, 'o loureiro', e o grego κόμη cómê, 'cabeleira', e capilum, 'pelo'), flavícomos (de flavus, 'amarelo'), fulvícomos (de fulvius, cor de lume) e blondícomos (blundus).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Louro.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Loiro. Non obstante, a forma recomendada é louro/a.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2010. Consultado o 21 de novembro de 2010. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy