Lu Xun

Infotaula de personaLu Xun

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh-hant) 魯迅 Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoZhou Shuren
25 de setembro de 1881 Editar o valor en Wikidata
Shaoxing (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Shanghai Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLu Xun's tomb (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública da China (1912–1936)
Dinastía Qing (1881–1912) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Tohoku (pt) Traducir
Kobun Institute (en) Traducir
Sendai Medical College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónensaísta , tradutor , novelista , crítico , esperantista , poeta , crítico literario , escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Beijing Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio e conto Editar o valor en Wikidata
MovementoNew Culture Movement (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioLu Xun
豫山
豫才
豫亭 Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua xaponesa, lingua inglesa, lingua alemá, lingua rusa, esperanto, Chinés clásico, written vernacular Chinese (en) Traducir e lingua chinesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeZhu An (1906–1936)
Xu Guangping
ParellaXu Guangping (en) Traducir (1927–1936) Editar o valor en Wikidata
FillosZhou Haiying (en) Traducir
 () Xu Guangping (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiZhou Boyi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsZhou Zuoren e Zhou Jianren (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0523770 BNE: XX1104836 Last fm: 魯迅 Musicbrainz: 60fb92ed-fc59-476e-8683-b205f471b0b2 WikiTree: 周-21 Editar o valor en Wikidata

Lu Xun (chinés tradicional: 魯迅; chinés simplificado: 鲁迅; pinyin: Lǔ Xùn; Wade-Giles: Lu3 Hsün4), pseudónimo de Zhou Shuren (chinés tradicional: 周樹人; chinés simplificado: 周树人; pinyin: Zhōu Shùrén; Wade-Giles: Chou1 Shu4-jen2), nado en Shaoxing (provincia de Zhejiang) o 25 de setembro de 1881 e finado en Shanghai o 19 de outubro de 1936, foi un escritor chinés. Está considerado o fundador da literatura chinesa moderna debido á súa innovación temática –narrativa de contido realista e social– e ao uso do chinés vernáculo (白话, báihuà, lit. "lingua transparente") en substitución da lingua clásica literaria (文言, wényán, "lingua da cultura").

A súa obra exerceu grande influencia no Movemento do Catro de Maio e fai parte do panteón literario da República Popular da China, malia que nunca chegou a ser membro do Partido Comunista Chinés. Formou parte da Liga de Escritores de Esquerdas, fundada en 1930, na que se propugnaba a idea de que a literatura tiña que servir aos intereses da revolución. El mesmo renunciou á literatura como creación porque entendía que arte e política son incompatíbeis, e tras escribir varias escolmas de relatos e o libro de poemas en prosa Yecao 野草 ("Mala herba"), dedicouse exclusivamente ao ensaio político.

As súas obras "O diario dun tolo" e "Unha nube de vran" foron publicadas en galego por Edicións Xerais, na escolma Flores e leña (1982).[1]

  1. "Fernando Pérez-Barreiro Nolla - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-12-05. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy