Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Lucasfilm Ltd. | |
---|---|
Sede de Lucasfilm en San Francisco | |
Tipo | Subsidiaria |
Fundación | 1971 |
Localización | Letterman Digital Arts Center, Presidio of San Francisco, California, Estados Unidos |
Fundador | George Lucas |
Industria | Cinematográfica |
Produtos | Filmes e series de televisión |
Número de empregados | 2 000 (2015) |
Na rede | |
https://www.lucasfilm.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lucasfilm (nome completo en inglés: Lucasfilm Limited ou Lucasfilm Ltd.) é unha produtora de películas fundada por George Lucas en 1971, localizada no condado de Marin (California). É internacionalmente coñecida por producir sagas como Star Wars ou Indiana Jones entre outros proxectos recoñecidos.
A compañía é líder en desenvolver nova tecnoloxía en canto a efectos especiais, son e animación computarizada.
Recentemente, Lucasfilm declarou as súas intención de abandonar a industria cinematográfica pura, para especializarse na produción de series televisivas.
No 2005, Lucasfilm e as súas división de mercadotecnia, online e licenzas trasladáronse ao Letterman Digital Arts Center, localizado en Presidio (San Francisco). Entre as súas subsidiarias máis importantes atópanse: Skywalker Sound, Industrial Light & Magic, Lucas Licensing, Lucas Arts, Lucasfilm Animation e Lucas Online.