Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1933 Turín, Italia |
Morte | 8 de xuño de 1968 (34 anos) Rossfeld, Francia |
Causa da morte | accidente de tráfico |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | Motociclismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Pai | Luigi Scarfiotti |
Ludovico Scarfiotti, nado en Turín o 18 de outubro de 1933 e finado en Berchtesgaden, Alemaña, o 8 de xuño de 1968, foi un piloto italiano de Fórmula 1 e automobilismo deportivo. Xusto antes de entrar na Fórmula Un, gañou as 24 Horas de Le Mans de 1963 cun Ferrari. Participou en 12 grandes premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, e en moitas carreiras fóra de campionato. Gañou unha carreira do Campionato do Mundo, e anotou un total de 17 puntos no campionato. Competindo noutros deportes de motor durante unha década, Scarfiotti gañou o Campionato Europeo Montaña de 1962. Foi proclamado mellor piloto de Italia, en 1962 e 1965.