Lufthansa

Lufthansa
IATA
LH
OACI
DLH
Indicativo
LUFTHANSA
Fundación1953
Inicio das operacións1954
Plan de voo frecuenteMiles & More
AlianzaStar Alliance
SubsidiariasAeroLogic (50%), Air Dolomiti, Austrian Airlines, Eurowings, Germanwings, Lufthansa Cargo, Lufthansa CityLine, Lufthansa Private Jet, Lufthansa Technik, LSG Sky Chefs, Swiss International Air Lines, Swiss European Air Lines, SunExpress (50%), Tyrolean Airways
Frota294
Destinos215
Eslogan da compañíaNonstop you
SedeColonia
DirixentesJürgen Weber (xefe do comité de supervisión)
Christoph Franz (CEO)
Páxina web: http://www.lufthansa.com
Antigas oficinas centrais de Lufthansa en Colonia.

Lufthansa (o seu nome oficial é Deutsche Lufthansa AG), con sede en Colonia, é a aeroliña nacional alemá e a maior compañía aérea europea en termos de pasaxeiros transportados e frota. O seu aeroporto base é o de Frankfurt e pouco a pouco o aeroporto de Múnic estase convertendo nun segundo eixo neurálxico da compañía. Os seus hangares de reparación están en Hamburgo. Lufthansa foi unha empresa pública (case ao 100%) ata o ano 1953. No ano 1966 as súas accións cotizaron por vez primeira en bolsa e en 1994 o estado alemán aínda posuía o 34% das accións. Dende 1997 todo o capital de Lufthansa está en mans privadas. Lufthansa é, xunto a Air Canada, SAS Scandinavian Airlines, Thai Airways International e United Airlines, membro fundador da alianza de aeroliñas Star Alliance, á que pertence, xunto con outros 12 membros non fundadores, a compañía española Spanair.

Os voos de Lufthansa teñen o código IATA LH e o seu código ICAO é DLH. Os voos internacionais cara a Alemaña reciben un número impar e os procedentes de Alemaña un par. Lufthansa ten un dos programas de fidelización de clientes máis amplos, o seu nome é Miles and More.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in