Macbeth

Macbeth
Título orixinalMacbeth
Autor/aWilliam Shakespeare
LinguaEarly Modern English e lingua inglesa
Xénero(s)Traxedia
Data de pub.1623
Na rede
IBDB: 5681 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Macbeth.
Macbeth e Banquo reuníndose coas bruxas no ermo, por Théodore Chassériau.

Macbeth é unha traxedia en cinco actos de William Shakespeare, escrita en prosa e en verso, que fala sobre a traizón e a ambición desmedida. Foi composta probablemente cara a 1606 e estreada pouco despois. Representouse no Teatro do Globo o 20 de abril de 1611, pero é posible que xa se representase con anterioridade, pois non se menciona que se tratase da primeira representación. Foi publicada por vez primeira en 1623, na edición coñecida como First Folio.

Macbeth.

A obra está libremente baseada no relato da vida dun personaxe histórico, Macbeth, rei de Escocia entre 1040 e 1057. A fonte principal de Shakespeare para esta traxedia foron as Crónicas de Raphael Holinshed, obra da que tomou tamén os argumentos das súas obras históricas. Holinshed baseouse á súa vez en Historia Gentis Scotorum (Historia dos escoceses), obra escrita en latín polo autor escocés Hector Boece e impresa por vez primeira en París en 1527. Para agradar ao seu mecenas, o rei Xacobe V de Escocia, Boece escurecera deliberadamente a figura de Macbeth, co propósito de exaltar un hipotético antepasado do rei, Bancuo.

Foi traducida ao galego por Fernando Pérez-Barreiro Nolla baixo o título A traxedia de Macbeth, e publicada por Galaxia en 1972[1] con ilustracións de Xohán Ledo. Foi traducida de novo ao galego por Rosa María García Vilariño baixo o título Macbeth, sendo publicada por Argos Vergara en 1985.[2] En 2006, Galaxia volveu publicar a obra, vertida ao galego por Miguel Pérez Romero.

  1. Xolda.com. "Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-09-04. 
  2. Macbeth. Traducido por Rosa María García Vilariño (1ª ed.). Barcelona: Argos Vergara. 1985. ISBN 84-7178-951-5 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in