Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1005 |
Morte | 15 de agosto de 1057 (51/52 anos) Lumphanan, Reino Unido |
Causa da morte | morto en combate |
Lugar de sepultura | Iona |
Monarca de Escocia | |
1040 – 1057 ← Duncan I de Escocia – Lulach de Escocia → | |
Mormaer de Moray | |
1032 – 1057 ← Gille Coemgáin de Moray – Lulach de Escocia → | |
Actividade | |
Ocupación | rei |
Familia | |
Familia | Casa de Moray |
Cónxuxe | Gruoch de Escocia (1032 (Gregoriano)–) |
Pais | Findláech de Moray e Donalda de Alba |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Макбет) Dictionary of National Biography |
Macbeth (en gaélico medieval: Mac Bethad mac Findlaích, en escocés: MacBheatha mac Fhionnlaigh, alcumado Rí Deircc, "o Rei Vermello";[1] c. 1005 e finado o 15 de agosto de 1057, foi rei de Escocia dende 1040 até a súa morte. Tiña o título de rei de Alba durante a súa vida, e gobernou só nunha parte da actual Escocia.
Sábese pouco dos primeiros anos de vida de Macbeth, mais era fillo de Findláech de Moray e puido ter sido neto de Malcolm II. Converteuse en Mormaer de Moray, un señorío semiautónomo, en 1032, e probablemente foi responsable da morte do anterior mormaer, Gille Coemgáin. Casou coa viúva de Gille Coemgáin, Gruoch, mais non tiveron fillos xuntos.
En 1040, Duncan I lanzou un ataque a Moray e morreu no combate a mans das tropas de Macbeth. Macbeth sucedeu no trono como rei de Alba, aparentemente con pouca oposición. O seu reinado de dezasete anos de duración foi na súa maioría pacífico, malia que no ano 1054 fixo fronte a unha invasión inglesa, liderada por Siward, conde de Northumbria, por orde de Euardo o Confesor. Macbeth morreu na batalla de Lumphanan en 1057 polas forzas leais ó futuro rei Malcolm III. Foi soterrado en Iona, o lugar tradicional de enterro dos reis escoceses.
Nun principio, Macbeth foi sucedido polo seu fillastro Lulach, mais Lulach gobernou só por uns meses antes de ser asasinado por Malcolm III, cuxos descendentes gobernaron Escocia até finais do século XIII. Macbeth é coñecido por ser a personaxe principal da traxedia de William Shakespeare Macbeth e polas numerosas obras que inspirou. Porén, o Macbeth de Shakespeare está baseado nas Crónicas de Holinshed (publicadas en 1577) e non historicamente exacto.
Predecesor: Duncan I |
Rei de Escocia 1040 – 1057 |
Sucesor: Lulach |