Para o xénero ver o artigo: Magnolia
Magnolio | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flor do magnolio (Magnolia grandiflora) | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Magnolia grandiflora' L. | |||||||||||||||||||||||
distribución natural da árbore
|
O magnolio, (Magnolia grandiflora) tamén coñecido coma magnolia común ou magnolia branca[1] é unha especie de fanerógama pertencente á familia Magnoliaceae, nativa do sueste dos Estados Unidos dende Carolina do Norte até Texas e a Florida. Adoita cultivarse coma árbore ornamental de folla perenne. En Galicia é moi común na xardinaxe urbana e palaciana.