(ar) المغرب العربي | |||||
Tipo | rexión xeográfica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | África do Norte | ||||
| |||||
Características | |||||
Superficie | 6.045.741 km² | ||||
O Magreb,[1] identificado xeralmente coa África do Norte, engloba a rexión deste continente por riba do deserto do Sáhara. Na época do Imperio Romano, era coñecido como África menor. A palabra provén do vocábulo árabe Mahrib que significa "lugar do pór do sol" ou sexa, a rexión que, na altura en que o vocábulo terá nacido, estaba máis a occidente do mundo islámico, opóndose ao Iemen, que significa "dereita".
Ao longo do mar Mediterráneo, inclúe, hoxe en día, Marrocos, Alxeria e Tunicia. Algunhas veces, ao incluírse Mauritania e mais Libia, tamén se chama Maghreb ao que, para ser máis específico, se designa por Grande Magreb.