Mahalia Jackson

Modelo:BiografíaMahalia Jackson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1911 Editar o valor en Wikidata
Nova Orleáns, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1972 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Evergreen Park, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecardiopatía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaProvidence Memorial Park and Mausoleum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesHalie Jackson Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngospel singer (en) Traducir, música Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1927 Editar o valor en Wikidata - 1971 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoJazz, Blues, Gospel e Espiritual Editar o valor en Wikidata
TesituraContralto Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoDecca Records
Apollo Records
Columbia Records Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Notable Black American Women
Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webmahaliajackson.us Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0413810 Allocine: 239186 Rottentomatoes: celebrity/mahalia_jackson Allmovie: p95682 IBDB: 83369
BNE: XX849289 Spotify: 6QBUIuGCAJSAtefEY1EEdB iTunes: 26168 Musicbrainz: 1bebb19e-9305-4da8-a3fd-5dd40a6e517e Songkick: 452341 Discogs: 265667 Allmusic: mn0000814657 WikiTree: Jackson-11383 Find a Grave: 535 Deezer: 71446 Editar o valor en Wikidata

Mahalia Jackson, nada en Nova Orleáns (Louisiana) o 26 de outubro de 1911 e finada en Chicago (Illinois) o 27 de xaneiro de 1972, foi unha cantante estadounidense de gospel. Primeira figura da canción gospel, tiña unha voz contralto e estivo entre as primeiras intérpretes de spiritual en incorporar no seu música elementos do blues, aderezando o gospel cunha sensualidade e liberdade que nunca antes foran experimentadas no estilo.

Neta de escravos, Jackson naceu e medrou na pobreza en Nova Orleáns. Atopou un fogar na súa igrexa, o que a levou a unha dedicación de por vida e un propósito singular de entregar a palabra de Deus a través da canción. Mudouse a Chicago na adolescencia e uníuse a The Johnson Singers, un dos primeiros grupos de gospel. Jackson estivo moi influenciada polo músico e compositor Thomas Dorsey e a cantante de blues Bessie Smith, adaptando o estilo de Smith aos himnos protestantes tradicionais e ás cancións contemporáneas. Despois de causar impresión nas igrexas de Chicago, foi contratada para cantar en funerais, mitins políticos e avivamentos. Durante 15 anos, funcionou como o que ela chamou "cantante de peixe e pan", facendo traballos ocasionais entre as actuacións para gañarse a vida.

Jackson recibiu o recoñecemento a nivel nacional en 1947 co lanzamento de "Move On Up a Little Higher", vendendo dous millóns de copias e alcanzando o segundo lugar das listas da Billboard. As gravacións de Jackson captaron a atención dos fans do jazz nos Estados Unidos e Francia, e converteuse na primeira artista en gravar gospel en xirar por Europa. Apareceu regularmente na televisión e na radio, e actuou para moitos presidentes e xefes de estado, incluínda unha interpretación do himno nacional no baile inaugural de John F. Kennedy en 1961. Motivada polas súas experiencias vivindo e xirando polo sur e integrando un barrio de Chicago, participou no movemento polos dereitos civís, cantando para recadar fondos e na Marcha en Washington polo emprego e a liberdade en 1963. Foi unha partidaria vocal e leal de Martin Luther King Jr. e unha amiga persoal da súa familia.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in