Maltodextrina | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 9050-36-6 |
PubChem | 62698 |
ChemSpider | none |
UNII | 7CVR7L4A2D |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6nH(10n+2)O(5n+1) |
Masa molecular | variable |
Aspecto | po branco |
Solubilidade en auga | doadamente soluble ou dispersable en auga[1] |
Solubilidade | lixeiramente soluble ou insoluble en alcohol anhidro[1] |
Perigosidade | |
NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A maltodextrina é un oligosacárido ou polisacárido pequeno (segundo a lonxitude variable da súa cadea) que se utiliza como aditivo alimentario. Prodúcese a partir do amidón por hidrólise parcial e atópase xeralmente en forma de po secado por atomización branco higroscópico.[1] A maltodextrina é doadamente dixerible, e é absorbida tan rapidamente coma a glicosa e pode ser moderadamente doce ou case sen sabor, dependendo do seu grao de polimerización.
Utilízase habitualmente na produción de refrescos e caramelos. Pode tamén encontrarse como un ingrediente noutros alimentos procesados.