Malvales

Malvales é unha orde de eudicotiledóneas pertencente ao clado das málvidas que se caracteriza por ter flores hipóxinas, xeralmente dialipétalas, con carpelos soldados. As malvales caracterízanse por ter follas xeralmente palmatinervias, máis ou menos recortadas e ás veces compostas (digitadas), cun indumento frecuentemente constituído por pelos estrelados. Teñen pétalos ceibos ou soldados no baseamento, de prefloración contorta, e obsérvase unha clara tendencia á polistemonia (o número de estames é superior aos 10 que teñen as especies máis primitivas), tendo os estames unha marcada tendencia a se soldar polos seus filamentos, chegando a formar nalgunhas familias unha columna (tubo estaminal) que envolve o estilo.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in