Mamila

Mamila
Mamila dunha muller, aréola e seo.
Latín papilla mammaria

A mamila (do latín mamilla, -ae, diminutivo de mamma, -ae ‘peito’)[1], ou popularmente bico do peito e bico da teta, é unha prominencia da mama na que se abren os condutos mamarios (ou galactóforos), por onde sae o leite na muller e nas femias dos mamíferos. No caso dos animais domésticos denomínanse tetos.

Comprende a unión dos condutos mamarios, a abertura para a saída do leite e a aréola, parte máis escura ao redor desta prominencia.

A aparencia das mamilas está relacionada con varios factores como a cor da pel, o tamaño das mamas, a taxa de engraxamento, a exposición ao sol, o estado emocional, a sensación de frío, a idade e a fase de lactación.

  1. "Mamila". Portal das Palabras. Consultado o 3 de agosto de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in