Manchester by the Sea | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Kenneth Lonergan |
Produtor | Lauren Beck Matt Damon Chris Moore Kimberly Stewar Kevin J. Walsh |
Guión | Kenneth Lonergan |
Intérpretes | Casey Affleck Michelle Williams Kyle Chandler Lucas Hedges |
Música | Lesley Barber |
Fotografía | Jody Lee Lipes |
Montaxe | Jennifer Lame |
Estudio | B Story CMP K Period Media Pearl Street Films |
Distribuidora | Amazon[1] |
Estrea | 23 de xaneiro de 2016 (Festival de Cinema de Sundance) |
Duración | 135 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $8 500 000[3] |
Recadación | $77 700 000[4] |
Na rede | |
http://manchesterbytheseathemovie.com/ | |
Manchester by the Sea é un filme dramático estadounidense de 2016, dirixido e escrito por Kenneth Lonergan e protagonizado por Casey Affleck, Michelle Williams e Kyle Chandler. A rodaxe do filme comezou o 23 de marzo de 2015, en Manchester-by-the-Sea, Massachusetts. Recadou 77 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 8,5 millóns.
Manchester by the Sea recibiu aclamacións da crítica trala súa estrea, sendo considerado un dos mellores filmes de 2016.[5] Nos Óscar de 2017, o filme recibiu seis nomeamentos: mellor filme, mellor director, mellor actor (Affleck), mellor actor secundario (Hedges), mellor actriz secundaria (Williams) e mellor guión orixinal, gañando o de mellor actor e mellor guión. Tamén gañou o Globo de Ouro a Mellor Actor nun drama sendo nomeado para catro categorías máis.