Manic Street Preachers

Manic Street Preachers
OrixeBlackwood, País de Gales
Período1986 - presente
Xénero(s)rock alternativo, britpop
Selo(s) discográfico(s)Columbia, Epic, Heavenly, Damaged Goods
MembrosJames Dean Bradfield
Nicky Wire
Sean Moore
Antigos membrosRichey James Edwards
Miles Woodward
Na rede
manicstreetpreachers.com
IMDB: nm2172802 Facebook: manicstreetpreachers Twitter: manics Instagram: manics MySpace: manics Youtube: UCEZZSrWEalYfps7ald2v18w Souncloud: manicstreetpreachers Spotify: 2uH0RyPcX7fnCcT90HFDQX iTunes: 659158 Last fm: Manic+Street+Preachers Musicbrainz: 32efea44-6cb5-4b4f-bdaa-c8b8f6cef981 Songkick: 239460 Discogs: 7161 Allmusic: mn0000954964 Deezer: 2498 Genius: Manic-street-preachers Editar o valor em Wikidata

Manic Street Preachers, tamén coñecida como Manics, é unha banda galesa de rock fundada en Blackwood en 1986 en Blackwood. O grupo está formado por Nicky Wire (baixo e letras) e os curmáns James Dean Bradfield (voz e guitarra) e Sean Moore (batería e percusión). Forman unha parte fundamental do movemento cultural galés Cool Cymru da década dos 90.

Tras o lanzamento do seu sinxelo de estrea "Suicide Alley" en 1988, Manic Street Preachers converteuse nun cuarteto coa incorporación de Richey Edwards como guitarrista rítmico e co-letrista. Os primeiros álbums da banda tiñan unha sonoridade punk, evolucionando posteriormente cara un son rock alternativo máis amplo, mantendo unha visión política de esquerdas.[1] A súa primeira combinación de imaxes glam andróxinas e letras sobre "cultura, alienación, aburrimento e desesperación" fíxolles gañar un público leal.

O primeiro traballo de Manic Street Preachers en entrar nas listas foi o sinxelo "Motown Junk" en 1991, seguido polo seu álbum de estrea, Generation Terrorists, en febreiro de 1992. Os seguintes dous álbums foron Gold Against the Soul en 1993 e The Holy Bible en 1994,[2] sendo este último o derradeiro con Edwards, que desapareceu en febreiro de 1995 e foi declarado legalmente morto en 2008.[3] A banda continuou como un trío e conseguiu éxito comercial cos discos Everything Must Go (1996) e This Is My Truth Tell Me Yours (1998).

Os Manics teñen sido cabezas de cartel en festivais como Glastonbury, T in the Park, V Festival e Reading, gañando once NME Awards, oito Q Awards e catro BRIT Awards.[4] Foron nomeados para o Mercury Prize en 1996 e 1999, e tiveron unha nomeación para os MTV Europe Music Awards. A banda vendeu máis de 10 millóns de álbums en todo o mundo. Os Manics teñen dous sinxelos número 1 na lista británica: "If You Tolerate This Your Children Will Be Next" (1998) e "The Masses Against the Classes" (2000), así como dous álbums número 1: This Is My Truth Tell Me Yours e The Ultra Vivid Lament (2021).[5] Dende 1991 ata 2010, a banda tivo 33 sinxelos consecutivos no top 40 do Reino Unido.[6]

  1. "Final Farewell For A Cult Hero". web.archive.org. 2011-08-25. Archived from the original on 25 de agosto de 2011. Consultado o 2024-03-10. 
  2. "Manic Street Preachers Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-03-10. 
  3. "BBC Wales - Music - Manic Street Preachers - Richey Edwards". www.bbc.co.uk. Consultado o 2024-03-10. 
  4. "Manic Street Preachers". The BRIT Awards 2012. 2012-09-15. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 2024-03-10. 
  5. "From despair to success". news.bbc.co.uk. Consultado o 2024-03-10. 
  6. "Manic Street Preachers interview". Official Charts (en inglés). 2011-10-31. Consultado o 2024-03-10. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy