Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2021.) |
O maquis, tamén coñecido como a guerrilla, foi o conxunto de movementos guerrilleiros antifascistas de resistencia en España que comezou durante a guerra civil. O case inmediato estalido da segunda guerra mundial sorprendeu moitos excombatentes republicanos en territorio francés. A partir de 1944, cos exércitos alemáns en retirada, moitos destes guerrilleiros reorientaron a súa loita antifascista en España. Pese ao fracaso da invasión do Val de Arán nese ano, algunhas columnas conseguiron progresar cara ao interior e enlazar coas partidas que permaneceran no monte desde 1939. Os maquis tiveron relevancia en todo o norte español, en Andalucía e noutras zonas durante e despois da guerra civil española
O período de máximo apoxeo guerrilleiro foi o comprendido entre 1945 e 1947. A partir deste ano intensificouse a represión franquista, que pouco a pouco foi terminando coas partidas ou grupos. Moitos dos seus integrantes morreron ou foron detidos (o que en moitos casos supuxo a morte), outros escaparon a Francia ou Marrocos. En 1952 procedese á evacuación dos últimos continxentes de importancia. Desde ese ano, os que aínda resistían no monte, negándose a elixir entre o exilio ou a morte, loitan xa case exclusivamente pola supervivencia. O final do maquis márcano as mortes de Ramón Vila en 1963 e de Xosé Castro en 1965.