Mar Exeo

Coordenadas: 39°N 25°L / 39, -25

Mar Exeo
Localización administrativa
EstadoGrecia Grecia
Turquía Turquía
DivisiónPeriferias de Macedonia Oriental e Tracia, Macedonia Central, Tesalia, Grecia Central, Ática, Peloponeso, Creta, Exeo Meridional e Exeo Setentrional (GRE)
Rexións do Mármara e do Exeo (TUR)
Localización xeográfica
Océano / MarMar Mediterráneo
ContinenteEuropa-Asia
Illa/sCitera, Anticitera, Creta, Kasos, Karpathos e Rodas
Xeografía
Mares contiguosMar de Mármara e mar Xónico
SubdivisiónsMar de Tracia, mar de Creta e mar de Mirtos
Illas interioresMáis de 5000 illas, sendo as máis importantes as illas das Cícladas, as illas Espóradas e o arquipélago do Dodecaneso
Accidentes
EstreitosDardanelos (mar de Mármara) e Canle de Corinto (mar Xónico)
Características
Superficie180 000 km²
Lonxitude máxima600 km
Anchura máxima400 km
Profundiade máxima3543 m
Mapa

Localización do mar Exeo.

Mar Exeo, Grecia ao oeste e Turquía ao leste.

O mar Exeo (grego: Αιγαίο Πέλαγος Aigaío Pélagos, turco: Ege Denizi) é un brazo do mar Mediterráneo situado entre Grecia e a península de Anatolia, é dicir, entre as terras altas de Grecia e de Turquía. No norte, o Exeo está conectado ao mar de Mármara e ao mar Negro polos Dardanelos e o Bósforo. Considérase que este mar está delimitado ao sur por un arco que atravesa, en dirección oeste-leste, as illas de Citera, Anticitera, Creta, Kasos, Karpathos e Rodas. Polo arbitrario do seu «límite» sur, é difícil atribuírlle unha superficie exacta, sendo un valor aproximado 180.000 km². De norte a sur, a súa extensión máxima é de 600 km, e do leste a oeste é de 400 km.

O mar era tradicionalmente coñecido como o Arquipélago (na Lingua grega antiga, Ἀρχιπέλαγος, que significa "mar principal"),[Cómpre referencia] pero en galego o significado de arquipélago cambiou para referirse ás illas do Exeo e, en xeral, a calquera grupo insular.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy