(ja) 瀬戸内海 | |||||
Tipo | mar interior | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Parque Nacional Setonaikai (pt) | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Xapón | ||||
División administrativa | Prefectura de Wakayama, Xapón, Prefectura de Ōsaka, Xapón, Prefectura de Hyōgo, Xapón, Prefectura de Okayama, Xapón, Prefectura de Hiroshima, Xapón, Prefectura de Yamaguchi, Xapón, Prefectura de Fukuoka, Xapón, Prefectura de Ōita, Xapón, Prefectura de Kagawa, Xapón, Prefectura de Ehime, Xapón e Prefectura de Tokushima, Xapón | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico e Mar de Filipinas | ||||
Composto por | Kii Channel (en) Hiuchi Sea (en) Aki Sea (en) Hiroshima Bay (en) Iyo Sea (en) Bingo Sea (en) Harima Sea (en) Bisan Seto (en) Baía de Osaka (pt) Suō Sea (en) | ||||
Características | |||||
Profundidade | 105 m | ||||
Superficie | 19.700 km² | ||||
Páxina web | seto.or.jp | ||||
O mar interior de Seto (瀬戸内海 Seto Naikai?), mar de Seto ou Setouchi separa as illas de Honshu, Shikoku e Kyūshū, tres das catro illas principais no sur do Xapón. Este mar está conectado co mar do Xapón, ao oeste, e co mar de Filipinas (océano Pacífico), ao leste.
A rexión que inclúe o mar de Seto e as zonas costeiras de Honshū, Shikoku e Kyūshū é coñecida como a Rexión de Setouchi. Serve como unha vía navegable, conectando o océano Pacífico co mar do Xapón. Conecta a Baía Osaca e ofrece unha conexión de transporte marítimo a centros industriais na rexión de Kansai, incluíndo Osaca e Kōbe. Antes da construción da Liña Principal San'yō, era a principal conexión de transporte entre Kansai e Kyūshū.
As prefecturas de Yamaguchi, Hiroshima, Okayama, Hyōgo, Osaca, Wakayama, Prefectura de Kagawa, Prefectura de Ehime, Prefectura de Tokushima, Prefectura de Fukuoka e Ōita teñen todas litoral no mar interior de Seto; As cidades de Hiroshima, Iwakuni, Takamatsu, e Matsuyama tamén localízanse nel.
A rexión de Setouchi é coñecida polo seu clima moderado, cunha temperatura estable durante todo o ano e os niveis de choiva relativamente baixos. O mar tamén é famoso pola súa periódica marea vermella (赤潮 akashio?) causada por densas agrupacións de certos fitoplancton que dan como resultado a morte dun gran número de peixes.
Desde a década de 1980, as costas norte e sur do mar foron conectadas polas tres rutas do Proxecto da Ponte de Honshū-Shikoku, incluíndo a Ponte Grande de Seto, que serve tanto o tráfico ferroviario como automobilístico.