Tipo | mar | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Illa de Irlanda | |||
Parte de | océano Atlántico Norte | |||
Localización | ||||
País da cunca | Reino Unido, Irlanda e Illa de Man | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Profundidade | 262 m | |||
O Mar de Irlanda (irlandés: Muir Éireann / An Mhuir Mheann,[1] manx: Y Keayn Yernagh,[2] scots: Erse Sea, escocés: Muir Èireann,[3] Ulster-Scots: Airish Sea, galés: Môr Iwerddon) separa as illas de Irlanda e de Gran Bretaña, conecta co océano Atlántico polo sur a través do Canal de San Xurxo, entre Irlanda e Gales; e polo norte a través do Canle do Norte, entre Irlanda e Escocia. A Illa de Man atópase situada no centro deste mar.
Anglesey, no País de Gales, é a maior illa no mar de Irlanda. a segunda en tamaño é a illa de Man e o mar pode ser ocasionalmente, pero raramente, chamado "Mar de Manx" (irlandés: Muir Meann,[4] manx: Mooir Vannin, escocés: Muir Mhanainn).[5][6][7] O mar de Irlanda ten unha importancia económica significativa para o comercio rexional, transporte marítimo, pesca e xeración de enerxía en forma de enerxía eólica e centrais nucleares. O tráfico anual entre Gran Bretaña e Irlanda corresponde a máis de 12 millóns de pasaxeiros e 17 millóns de toneladas de bens mercantís.