Mar de Tasmania

Modelo:Xeografía físicaMar de Tasmania
(en) Tasman Sea Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomar Editar o valor en Wikidata
EpónimoAbel Tasman Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaAustralia e Nova Zelandia Editar o valor en Wikidata
División administrativasen valor Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°S 161°L / -37, 161
Características
Profundidade5.994 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións2.200 (ancho) km
Superficie2.300.000 km² Editar o valor en Wikidata

O mar de Tasmania está situado ao suroeste do océano Pacífico, entre a Australia continental e a illa de Tasmania ao oeste, e a Illa Norte e Illa Sur de Nova Zelandia ao leste.

Este mar toma o seu nome da illa de Tasmania, descuberta (así como Nova Zelandia) no século XVII polo explorador holandés Abel Tasman. Posteriormente, o explorador británico James Cook explorou extensivamente o mar de Tasmania durante a década de 1770 como parte da súa primeira viaxe de descubrimento. Tamén a expedición de Alessandro Malaspina sucou as súas augas durante o ano 1793, fondeando en Doubtful Sound (Illa Sur de Nova Zelandia) e en Sydney (Australia).

De acordo coa Organización Hidrográfica Internacional, fíxase convencionalmente o límite entre o mar de Tasmania e o mar do Coral na continuación da fronteira entre os estados australianos de Queensland e Nova Gales do Sur.

Existen varios grupos de illas situadas no mar de Tasmania, lonxe da costa de Australia e Nova Zelandia:


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in