Marilyn Monroe

Infotaula de personaMarilyn Monroe

(1953) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Norma Jeane Mortenson Editar o valor em Wikidata
1 de xuño de 1926 Editar o valor em Wikidata
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 1962 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Brentwood, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da mortesuicidio, sobredose de barbitúricos Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaWestwood Village Memorial Park Cemetery (pt) Traducir, Corridor of Memories, Crypt 24 34°03′30″N 118°26′23″O / 34.05847, -118.43979 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMarilyn Monroe Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónJudaísmo ateístico (pt) Traducir e cristianismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles - ciencia da literatura, arte (1951–1962)
Escola Secundaria de Van Nuys
University High School (en) Traducir
Actors Studio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura165 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro e light brown hair (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema , autobiógrafa , Playmate , modelo , cantante , modelo , produtora , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1945 Editar o valor em Wikidata - 1962 Editar o valor em Wikidata
ProfesoresLee Strasberg (pt) Traducir e Constance Collier (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz e ukelele Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoRCA Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeArthur Miller (1956–1961), divorcio
Joe DiMaggio (1954–1955), divorcio
James Dougherty (1942–1946), divorcio
ParellaJohn F. Kennedy Editar o valor em Wikidata
PaisCharles Stanley Gifford Editar o valor em Wikidata  e Gladys Pearl Baker (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBerniece Baker Miracle (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
5 de agosto de 1962Morte de Marilyn Monroe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webmarilynmonroe.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000054 Allocine: 1201 Rottentomatoes: celebrity/marilyn_monroe Allmovie: vn6781020 106569 Metacritic: person/marilyn-monroe TV.com: people/marilyn-monroe-1
BNE: XX1036375 Souncloud: marilyn-monroe-official Spotify: 5sEocv1pFst7o3pam69obY iTunes: 70631305 Last fm: Marilyn+Monroe Musicbrainz: 6e60deeb-a666-42c5-95cb-a5eada6bbbe5 Discogs: 135189 Allmusic: mn0000266916 WikiTree: Mortensen-1099 Find a Grave: 725 Deezer: 613 Genius: Marilyn-monroe Editar o valor em Wikidata

Marilyn Monroe[1][2], de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962,[3] foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense. Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960,[4] chegando a ser unha das actrices de Hollywood máis famosas de todos os tempos.[5]

Iniciou a súa carreira como modelo fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas A xungla do asfalto (1950) e Todo sobre Eva (1950). Empezou a ser coñecida mundialmente despois de protagonizar o musical Os cabaleiros prefírenas loiras (1953) e aparecer no número inaugural da revista Playboy.[6]

Interpretou o papel principal nas comedias How to Marry a Millionaire (Como casar cun millonario, 1953), The Seven Year Itch (1955) e Bus Stop (1956), e grazas ao éxito de público destas películas, comezou a ser considerada como unha das actrices máis rendibles da industria cinematográfica. O seu maior éxito comercial foi Some Like it Hot (1959), filme polo que gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de comedia.[7]

Foi considerada unha das mulleres máis atractivas da historia da sétima arte, pero a súa explosiva beleza condicionouna artística e emocionalmente, obrigándoa a proxectar unha imaxe sedutora e superficial que encubría a súa personalidade real, sensible e inestable desde a infancia. Estivo casada co escritor James E. Dougherty de 1942 a 1946, co xogador de béisbol Joe DiMaggio, en 1954, e logo co dramaturgo Arthur Miller, entre 1956 e 1962.

Monroe faleceu o 5 de agosto de 1962 por mor dunha sobredose de barbitúricos, en circunstancias nunca esclarecidas. A primeira hipótese que manexou a xustiza estadounidense foi a do suicidio, pero nunca puido ser corroborada.[7]

O American Film Institute considéraa a sexta mellor estrela de cine feminina de todos os tempos.

  1. O 23 de febreiro de 1956, en Nova York, conseguiu que este fose o seu nome oficial.
  2. "Páxina oficial de Marilyn Monroe". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2011. Consultado o 21 de febreiro de 2013. 
  3. "Marilyn Monroe Biography". Biography.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  4. Obituary Variety, 8 de agosto de 1962, páxina 63.
  5. Biografías e Vidas. "Biografía completa de Marilyn Monroe" (en español). Consultado o 10/02/2013. .
  6. Publispain. "Biografía de Marilyn Monroe" (en español). Arquivado dende o orixinal o 12/04/2020. Consultado o 30/06/2013. 
  7. 7,0 7,1 Mis respuestas. "Quién fue Marilyn Monroe ?" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07/08/2020. Consultado o 17/08/2013. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy