Marmeleiro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Folla do marmeleiro | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Cydonia oblonga' Mill. |
O marmeleiro (Cydonia vulgaris) é unha árbore da familia rosáceas, de 4 a 5 m de alto, toro tortuoso e ramoso, follas enteiras, flores solitarias e froito en pomo, aromático e de carne áspera. É orixinaria da Asia Menor e dá como froito o marmelo.
O froito ten cor dourada e formato arredondado ou parecido a uma pera; é unha froita ácida (mesmo despois de cocida), de perfume forte, mais agradábel, e de polpa dura. Xeralmente, o marmelo non é consumido ao natural. Porén, é unha froita óptima para facer doces (o marmelo), xaropes e licores.
O marmelo cru é unha boa fonte de vitamina C, mais durante o cocemento pérdese gran parte desa vitamina. Tamén contén vitaminas do complexo B e algúns sales minerais. Alén diso, auxilia no bo funcionamento do aparello dixestivo.
A palabra orixinal de marmelo orixinou unha das palabras de orixe galegoportuguesa máis difundidas entre tódalas linguas do mundo: marmelada, que se espallou a linguas coma o castelán (mermelada) ou o inglés (marmalade).