A masa molecular é o número de veces que a molécula dun composto ou dun elemento pesa máis, ten máis masa, que un átomo que se toma como unidade. Calcúlase sumando todas as masas atómicas do elemento correspondente. O seu valor numérico coincide co da masa molar, pero expresado en unidades de masa atómica en lugar de gramos/mol. A masa molecular alude a unha soa molécula, a masa molar corresponde a un mol (N = 6,022·1023) de moléculas.[1]