Commonwealth of Massachusetts (en) | |||||
Himno | All Hail to Massachusetts (en) (1981) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Ense petit placidam sub libertate quietem (en) » | ||||
Símbolo oficial | Poecile atricapillus (pt) (aves) | ||||
Alcume | The Bay State | ||||
Epónimo | Great Blue Hill (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Boston | ||||
Contén a división administrativa | Condado de Barnstable Condado de Berkshire Condado de Bristol Condado de Dukes Condado de Essex (pt) Condado de Franklin (pt) Condado de Hampden (pt) Condado de Hampshire (pt) Condado de Middlesex Condado de Norfolk Condado de Plymouth Condado de Suffolk (pt) Condado de Worcester Nantucket County (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.029.917 (2020) (257,17 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 2.646.980 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 27.336 km² | ||||
Auga | 26,1 % | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 150 m | ||||
Punto máis alto | Monte Greylock (pt) (1.064 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 6 de febreiro de 1788 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | government of Massachusetts (en) | ||||
• Governor of Massachusetts (en) | Maura Healey (pt) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Corte Xeral de Massachusetts , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supremo Tribunal Judicial de Massachusetts (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-MA | ||||
Identificador GNIS | 606926 | ||||
Páxina web | mass.gov | ||||
A Commonwealth de Massachusetts (en inglés, Commonwealth of Massachusetts) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Localízase ao nordés do país, a uns cantos quilómetros da fronteira co Canadá. Massachusetts é o sexto menor estado dos Estados Unidos pero, a pesar do seu pequeno tamaño, é o décimo terceiro en poboación. O seu nome provén dunha voz indíxena local que significa "lugar do monte grande" e historicamente fixo parte das 13 colonias orixinais que se rebelaron contra o Reino Unido na Guerra de Independencia dos Estados Unidos.
Massachusetts é o centro económico, cultural e educativo de Nova Inglaterra, e tamén o estado máis populoso da rexión, con aproximadamente a metade de toda a súa poboación. A capital e a maior cidade é Boston, capital financeira, de transportes e educativo do estado e de Nova Inglaterra.
A rexión onde está localizado o estado foi unha das primeiras en ser colonizada polos británicos. A provincia colonial de Massachusetts foi fundada en 1620 (só a provincia colonial de Virxinia foi fundada antes). Massachusetts é famoso no país por ser pioneira en diversas áreas: o primeiro xornal foi publicado en Massachusetts, e a primeira biblioteca pública tamén, a primeira institución americana de educación superior foi fundada aquí en 1636. Posteriormente, o estado construiría as primeiras escolas públicas de ensino de segundo grao no país, durante a década de 1820.
Massachusetts foi unha das trece colonias británicas que se rebelaron contra o dominio británico en 1775, na Revolución Americana de 1776. Varios eventos que levaron ao inicio da guerra ocorreron en Massachusetts, así como as primeiras batallas da guerra. O 6 de febreiro de 1788, Massachusetts ratificou a constitución americana, converténdose así no sexto estado dos Estados Unidos de América.
O nome do estado vén da tribo indíxena masachusett, unha tribo indíxena pertecente á familia dos algonquinos. Masachusett significa no idioma algonquino Próximo á gran montaña, unha referencia ao Great Blue Hill, unha montaña localizada ao sur de Boston.
O alcume máis coñecido do Massachusetts é The Bay State. A orixe vén da localización do primeiro asentamento permanente fundado en Massachusetts, ás marxes da Baía de Massachusetts. O xentilicio é Bay Staters. Outros nomes menos usados son The Old Colony State, The Puritan State e The Baked Bean State.
O estado é famoso internacionalmente pola calidade das súas universidades privadas, entre as cales salientan a Universidade Harvard e mailo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, así como os numerosos Colleges como Wellesley College. Tamén é coñecido polos sitios de veraneo, como o famoso Cape Cod, e moitos outros lugares de Nova Inglaterra.
Tamén é coñecido por ser o primeiro estado do país en permitir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.