(2024) | |||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (nl) Max Emilian Verstappen 30 de setembro de 1997 (27 anos) Hasselt (Bélxica) | ||||||||||||||||||||||
Residencia | Mónaco | ||||||||||||||||||||||
Altura | 181 cm | ||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Campo de traballo | Fórmula 1 | ||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un, piloto de carreiras | ||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Países Baixos | ||||||||||||||||||||||
Deporte | Fórmula 1 (2015–) Fórmula 3 (2014–2015) karting (2005–2014) | ||||||||||||||||||||||
Patrocinador | EA Sports (2023–) CarNext.com (2020–) Jumbo Red Bull GmbH | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||
Parella | Kelly Piquet (2021–) | ||||||||||||||||||||||
Pais | Jos Verstappen e Sophie Kumpen | ||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Páxina web | verstappen.com | ||||||||||||||||||||||
Max Emilian Verstappen (Holandés: [ˈmɑks vɛrˈstɑ.pə(n)], nado en Hasselt (Bélxica) o 30 de setembro de 1997, é un piloto de carreiras holandés,[1] o campión mundial Fórmula 1 de 2021, 2022 e 2023. Compite baixo a bandeira holandesa na Fórmula 1 con Red Bull Racing.
Naceu nunha familia de pilotos de carreiras. O seu pai Jos Verstappen é un expiloto de Fórmula 1, mentres que a súa nai Sophie Kumpen é unha famosa expiloto de kart. O seu avó Paul Kumpen é un expiloto de resistencia GT[2] e o seu tío Anthony Kumpen é un piloto de FIA GT e das 24 Horas de Le Mans. Con 17 anos e 166 días, converteuse no piloto máis novo en competir na Fórmula 1 no Gran Premio de Australia de 2015 con Toro Rosso.[3] Tamén é o piloto máis novo en liderar unha volta durante un Gran Premio de Fórmula Un, o piloto máis novo en lograr un podio e o gañador máis novo dun Gran Premio de Fórmula 1.
No Gran Premio de Australia de 2015, cando tiña 17 anos e 166 días, converteuse no piloto máis novo en competir na Fórmula 1. Despois de pasar a tempada 2015 coa Scuderia Toro Rosso, Verstappen comezou a súa campaña de 2016 co equipo italiano antes de ascender ao equipo matriz Red Bull Racing despois de catro carreiras como substituto de Daniil Kvyat. Aos 18 anos gañou o Gran Premio de España de 2016 no seu debut con Red Bull Racing, converténdose no piloto máis novo da historia e no primeiro piloto holandés de Fórmula 1 en gañar un Gran Premio de Fórmula 1.[4][5] Despois de gañar o Gran Premio de Abu Zabi de 2021, Verstappen converteuse no primeiro piloto holandés en gañar o Campionato Mundial de Fórmula Un e no 34º Campión do Mundo de Pilotos de Fórmula Un.[6] Gañou o seu segundo campionato consecutivo de Fórmula 1 na seguinte tempada.
Logo do Gran Premio de Abu Zabi de 2021, conseguira 19 vitorias, incluída a primeira dun piloto con motor Honda desde 2006. Rematou os campionatos de 2019 e 2020 en terceiro lugar e como campión en 2021 e 2022 Verstappen permanecerá en Red Bull polo menos ata o final da tempada 2028 despois de asinar unha extensión de contrato.[7]