Maxia

Para a arte escénica, véxase Ilusionismo.

Reprodución dun meigo consultando un grimorio.

A maxia (do grego μαγεία) é o conxunto de artes, coñecementos e prácticas coas que se pretende producir resultados contrarios ás leis naturais coñecidas, valéndose de certos actos ou palabras, ou ben coa intervención de seres fantásticos. Estes poderes especiais adoitan ser atribuídos a magos, meigas e bruxas. Pode ser usada para facer o ben ou o mal.

A maxia e un fenómeno que existiu primitivamente en todas as culturas. Polo tanto é un concepto elaborado en varias teorías intelectuais. Disciplinas como a antropoloxía, a filosofía e a socioloxía vano utilizar sen darlle sempre a mesma función na evolución do pensamento humano e na relación que ten coa relixión e o coñecemento.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in