Medalla de Galicia

Medalla de Galicia

Medalla de Galicia
Outorgada pola Xunta de Galicia Galicia
Tipo Recoñecemento
Graos Ouro, prata e bronce
Lema Aos bos e xenerosos
Elixibilidade Persoas ou institucións
Outorgada por Méritos ao servizo de Galiza.
Estadísticas
Establecida 1984
Primeira outorgada 1984

A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica.

Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis (prata e bronce) e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición. Coa chegada ao goberno do bipartito liderado por Emilio Pérez Touriño reduciuse outra vez o número e a tipoloxía a unha soa, e de ouro.

É notoria a escaseza de mulleres entre os premiados.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy