Medianoite

Foto tomada durante a medianoite.

A medianoite[1], ou metade da noite, é na actualidade a hora que sinala a fin do día (as 24 horas) e o comezo do día seguinte. É produto dunha convención cultural, para permitir o cálculo do transcurso do tempo. Na antigüidade a fin do día viña dada polo solpor ou o amencer solares.

Fálase de medianoite solar en oposición ao mediodía solar, cando o Sol está no nadir -xusto embaixo dos pés do observador (figuradamente), no punto oposto ao meridiano local-, que é o momento de maior negritude da noite (sen contar a luz estelar doutros obxectos como a Lúa).

Coa creación do fuso horario internacional, creando meridianos graduados para toda a superficie terrestre, deixouse de usar o horario referido ao meridiano local, para usar o convencional referido a zonas horarias, que en Galiza non coincide co natural, do que polo menos está afastado unha hora ao ter o horario peninsular fixado ao continental europeo, cando o noso meridiano local é o mesmo que o de Irlanda.

  1. Termo definido no Gran Dicionario Xerais da Lingua.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in