Medida de probabilidade

En matemáticas, unha medida de probabilidade é unha función con valores reais definida nun conxunto de eventos nunha σ-álxebra que satisfai propiedades de medida como a aditividade contábel.[1] A diferenza entre unha medida de probabilidade e a noción máis xeral de medida (que inclúe conceptos como área ou volume) é que unha medida de probabilidade debe asignar o valor 1 a todo o espazo.

As medidas de probabilidade teñen aplicacións en diversos campos, desde a física ata as finanzas e a bioloxía.

  1. An introduction to measure-theoretic probability by George G. Roussas 2004 ISBN 0-12-599022-7 page 47

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in