Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2018.) |
Melilla (es) ⵎⵕⵉⵜⵛ (rif) مليلية (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorio reivindicado por | Marrocos España | ||||
Estado | España | ||||
Exclave de | España | ||||
Capital de | |||||
Capital | sen valor | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 85.491 (2023) (6.929,08 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua bérber lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 12,338 km² | ||||
Bañado por | Río de Oro e Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 30 m | ||||
Punto máis alto | punto máis alto de Melilla (130 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Presidente da Cidade Autónoma | Eduardo de Castro González (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea de Melilla , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 52001 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 952 | ||||
ISO 3166-2 | ES-ML | ||||
Código NUTS | ES64 | ||||
Código INE | 52001 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | melilla.es | ||||
Melilla (مليلة en árabe; Mritch ou Mrič en bérber) é unha cidade autónoma española, situada na rexión do Rif, no norte de África, a beiras do mar Mediterráneo, fronte á costa meridional da Península Ibérica, limítrofe con Marrocos e próxima a Alxeria.
A cidade e os seus territorios esténdense sobre 12,5 km² de superficie na parte oriental do cabo de Tres Forcas. Alberga unha poboación de máis de 78.000 habitantes e presenta diversas particularidades froito da súa posición xeográfica e historia, tanto na composición da súa poboación e as súas actividades económicas, como na súa cultura (froito da exemplar convivencia de cristiáns, musulmáns, xudeus e hindús).
O patrimonio arquitectónico de Melilla está considerado, xunto co de Barcelona, como un dos mellores expoñentes do estilo modernista español de principios do século XX.[1] Melilla chegou a ter nesa época ata 100.000 habitantes. Actualmente recibe diariamente unha poboación flotante dos municipios marroquís próximos á súa área de influencia que fan que a súa poboación case se duplique nalgunhas ocasións.
Melilla constituíuse en cidade autónoma en 1995, aínda que xa foi recoñecido o seu dereito á autonomía na Constitución española de 1978. Marrocos reivindica a cidade como parte do seu territorio xunto con Ceuta e outros territorios españois de menor entidade no norte de África. O Goberno de España nunca estableceu negociacións de ningún tipo, xa que considera a Melilla -do mesmo xeito que os outros territorios norteafricanos- parte integrante do territorio nacional español.