Mellon Collie and the Infinite Sadness

Mellon Collie and the Infinite Sadness
Álbum de The Smashing Pumpkins
Publicado24 de outubro de 1995
Gravaciónmarzo - agosto de 1995
Estudio(s)Pumpkinland, Sadlands, Bugg Studios, The Village Recorder
Duración121:50
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Virgin Records
Producido porAlan Moulder, Billy Corgan e Flood
Cronoloxía
Vieuphoria
(1994)
Mellon Collie and the Infinite Sadness The Aeroplane Flies High
(1996)

Mellon Collie and the Infinite Sadness (tamén acurtado como Mellon Collie ou abreviado a MCIS) é un dobre CD e triplo LP que foi editado o 24 de outubro de 1995 pola banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins a través do selo Virgin Records. No álbum aparece unha ampla gama de estilos, así como unha maior contribución musical por parte da baixista D'arcy Wretzky e do segundo guitarrista James Iha. Foi producido polo líder do grupo Billy Corgan con Flood e Alan Moulder.

Empurrado polo sinxelo "Bullet with Butterfly Wings", o traballo estreouse no número 1 das listas da Billboard, vendendo 246.500 copias na súa primeira semana. Do álbum esditáronse cinco sinxelos máis durante 1996: "1979", "Zero", "Tonight, Tonight", o promocional "Muzzle" e "Thirty-Three". O disco foi certificado diamante pola RIAA ao vender 10 millóns de unidades.[1]

No mes de febreiro do 2011 foi elixido polos lectores da revista Rolling Stone o noveno mellor álbum dos anos 90[2].

  1. antiMusic (ed.). "Smashing Pumpkins Earn Diamond Award and Plan Mellon Collie Releases". Consultado o 7 de outubro de 2016. 
  2. "10 mellores álbums dos 90 segundo os lectores da Rolling Stone". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2011. Consultado o 17 de febreiro de 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy