Mercedes-Benz Group | |
---|---|
O mellor ou nada | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1998 |
Localización | Stuttgart, Alemaña |
Persoas clave | Dieter Zetsche (CEO e presidente do consello de administración) Manfred Bischoff (Presidente do consello supervisor) |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbil, vehículos comerciais |
Número de empregados | 279.972 (2014)[1] |
Na rede | |
https://group.mercedes-benz.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mercedes-Benz Group AG é unha corporación automobilística multinacional alemá. Daimler AG ten a súa sede en Stuttgart, Baden-Württemberg, Alemaña. Desde 2014, Daimler posúe ou ten accións nunha serie de marcas de automóbiles, autobuses, camións e motocicletas incluíndo Mercedes-Benz, Mercedes-AMG, Smart Automobile, Freightliner, Western Star, Thomas Built Buses, Setra, BharatBenz, Mitsubishi Fuso, MV Agusta, así como accións de Denza, KAMAZ, Beijing Automotive Group e Renault-Nissan Aliance. A marca Maybach pechouse a finais de 2012, pero foi restablecida en novembro de 2014, como "Mercedes-Maybach", unha edición de ultra luxo do Mercedes-Benz Clase S. En 2015 Daimler vendeu 2,9 millóns de vehículos.[2] Polas vendas de unidades, Daimler é o décimo terceiro maior fabricante de automóbiles e o segundo fabricante de camións máis grande no mundo. Ademais de coches, Daimler fabrica autobuses e ofrece servizos financeiros a través da súa filial Daimler Financial Services. A empresa cotiza no índice bolsista Euro Stoxx 50.[3]