Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Un meteorito é un corpo celeste relativamente pequeno que acada a superficie terrestre. Cando un meteorito está composto esencialmente de silicatos, sen metais, denomínase aerólito ou litito. Se están compostos de metal (principalmente ferro) denomínanse sideritos. Se teñen unha composición mixta de rocha e metal son litosideritos.
No espazo, estes corpos reciben o nome de meteoroides ("pequenos" asteroides, aproximadamente do tamaño dun canto rolado ou de menor tamaño, que xeralmente son o resultado da colisión de dous ou máis asteroides). Ó entrar en contacto coa atmosfera, a fricción co aire causa que o corpo se quente, emitindo luz e formando un meteoro, bóla de lume ou estrela fugaz.