(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1967 (57 anos) Riverside Township, Estados Unidos de América (en) |
Residencia | Edgewater Park Township (en) |
Educación | Escola Juilliard School of Visual Arts (en) Universidade de California, Os Ánxeles Holy Cross High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música cinematográfica (pt) |
Lugar de traballo | Nova York |
Ocupación | compositor, compositor de bandas sonoras, executivo dunha discográfica |
Período de actividade | 1994 - |
Xénero artístico | Música cinematográfica (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Sophia Barber-Giacchino |
Fillos | Griffy Giacchino, Mick Giacchino, Melinda Giacchino |
Irmáns | Anthony Giacchino |
Premios | |
| |
Páxina web | michaelgiacchino.com |
|
Michael Giacchino, nado en Riverside Township (Nova Jersey) o 10 de outubro de 1967, é un compositor musical estadounidense de bandas sonoras.
É coñecido principalmente pola súa participación nas producións (tanto cinematográficas como televisivas) de J. J. Abrams e as películas de animación de Pixar dirixidas por Brad Bird, aínda que tamén é o responsable das partituras dalgúns coñecidos videoxogos de ambientación bélica. O seu primeiro traballo coñecido foi a banda sonora do videoxogo O Mundo Perdido, adaptación da película do mesmo nome, que á súa vez era a secuela de Parque Xurásico.