(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1942 (82 anos) Múnic (Alemaña) |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, crítico de cinema, director teatral, actor de cinema, profesor universitario, guionista, escritor, realizador |
Período de actividade | 1974 - |
Empregador | Universidade de Música e Arte Dramática de Viena |
Membro de | |
Alumnos | Jessica Lind (mul) |
Pseudónimo literario | Richard Binder |
Familia | |
Pais | Fritz Haneke e Beatrix von Degenschild |
Parentes | Franz-Josef Binder, tío |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Michael Haneke, nado o 23 de marzo de 1942 en Múnic, Alemaña é un director e guionista de nacionalidade austríaca coñecido polo seu estilo cinematográfico sombrío e perturbador. Os seus filmes acostuman documentar os problemas e os fracasos na sociedade moderna.
É un dos únicos oito directores que gañaron en dúas ocasións a Palma de Ouro do Festival de Cannes: en 2009 co filme Das weiße Band e en 2012 con Amour. Gañou tamén o Premio do Festival de Cannes ao mellor director co filme Caché. É ademais o director máis veces premiado como mellor director nos Premios do Cinema Europeo (tres veces), certame no que os seus filmes gañaron tamén tres veces o Premio ó mello filme. O seu filme Amour levou tamén o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa e o Goya á mellor película europea.
En 2013 foi galardoado co Premio Princesa de Asturias das Artes.[1]