Midland F1 Racing

MF1 Racing
Nome completo Midland F1 Racing
Bandeira {{{Bandeira}}}
Baseada en Silverstone, Northamptonshire, Reino Unido
Tempadas en activo 1 (2006)
Número de pilotos 2 (Christijan Albers e Tiago Monteiro)
Debut Bahrein 2006
Carreiras 18
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Brasil 2006

Midland F1 Racing, abreviado na escrita como MF1 Racing e coñecido como Spyker MF1 Racing nas tres derradeiras carreiras da tempada de 2006, foi a primeira escudería de Fórmula 1 rexistrada baixo licenza rusa [Cómpre referencia]. Estaba dirixida por Alex Shnaider, cofundador do holding empresarial Midland, sendo o Xefe de Equipo Colin Kolles e o seu Director Técnico James Key.

Midland F1 só participou na tempada de 2006, despois de que Shnaider mercara a escudería Jordan Grand Prix no ano anterior por 60 millóns de dólares [Cómpre referencia], e sendo vendida a falta de tres carreiras a Spyker Cars por 106.6 millóns de dólares [Cómpre referencia], para formar ó remate dese ano a escudería Spyker F1.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in