Mielina

Estrutura dunha neurona típica

A mielina é unha substancia con propiedades dieléctricas (é un illante eléctrico) que forma a vaíña de mielina que rodea os axóns de moitas neuronas. É esencial para o funcionamento correcto do sistema nervioso. A vaíña de mielina fórmase como unha extensión dun tipo de célula glial, que crece envolvendo o axón. A produción de vaíña de mielina nunha célula chámase mielinización. Nos humanos a produción de mielina empeza na décimo cuarta semana do desenvolvemento fetal, aínda que hai pouca mielina no cerebro no momento do nacemento. Durante a infancia a mielinización progresa rapidamente e continúa na adolescencia.

As células de Schwann forman a mielina das neuronas periféricas, mentres que os oligodendrocitos, especificamente os de tipo interfascicular, mielinizan os axóns das neuronas do sistema nervioso central. A presenza de mielina considérase unha característica definitoria dos vertebrados gnatóstomos (con mandíbula), pero apareceu tamén por evolución paralela nalgúns invertebrados.[1] Descubriuna en 1854 Rudolf Virchow.[2]

  1. Invertebrate Myelin
  2. Virchow R (1854). "Über das ausgebreitete Vorkommen einer dem Nervenmark analogen Substanz in den tierischen Geweben". Virchows Arch. Pathol. Anat. 6: 562–72. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in