Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Miguel I de Portugal (nome completo: Miguel Maria do Patrocínio João Carlos Francisco de Assis Xavier de Paula Pedro de Alcântara António Rafael Gabriel Joaquim José Gonzaga Evaristo de Bragança e Bourbon; 26 de outubro de 1802 - 11 de novembro de 1866), foi rei de Portugal dende o 11 de xullo de 1828 ata 26 de maio de 1834, cando foi derrotado polo seu irmán, Pedro IV, que defendía o trono da súa filla, María II de Portugal. Recibiu os alcumes de O Tradicionalista dos seus partidarios e dos seus adversarios, O Absolutista ou O Usurpador, en virtude de alegadamente ter arrebatado o trono da súa sobriña. Era o terceiro fillo de Xoán VI de Portugal.
Após loitas internas contra o Parlamento, derrotado, é exiliado en Austria. Para volver a Portugal, D. Miguel acepta entón ficar noivo da sobriña, D. María da Gloria e, para poder ser nomeado rexente en minoría de idade desta, xura a Carta Constitucional de 1826 ante a corte austríaca, coa "reserva de todos os seus dereitos" e expresa determinación de que esta fose previamente aceptado polos tres estados do reino, conforme o seu decreto de outorga. Á súa chegada a Lisboa D. Miguel repite, nos mesmos termos, o xuramento de fidelidade á Carta e da raíña, a súa prometida muller. Pouco despois, convoca a reunión dos tres estados do reino en Cortes, para decidir a sucesión no trono de Portugal.
O 23 de xuño de 1828, é proclamado rei polas Cortes Xerais do Reino, que anulan a vixencia da Carta Constitucional e repón as Leis constitucionais tradicionais. Foi recoñecido polo Papa, España e Estados Unidos de América, quedando as restantes potencias na expectativa, pero aceptando tratar co seu goberno mentres entidade que "de facto" exercía o poder político sobre a case totalidade do territorio nacional.
A non aceptación da decisión das Cortes Xerais polo seu irmán D. Pedro e os liberais desencadeou a Guerra Civil Portuguesa (1831-1834) entre miguelistas e pedristas. Na primavera de 1834, a guerra civil entra na fase decisiva. O 22 de abril, polo Tratado de Londres, Reino Unido e Francia deciden poñer fin ao reinado de D. Miguel en Portugal e ás pretensións de Carlos María Isidro de Borbón en España. Así, derrotado, D. Miguel é forzado a abdicar en favor de D. María II a través da Concesión de Évoramonte (26 de maio de 1834). Parte para o exilio, en xullo do mesmo ano, vivindo o resto da súa vida na Alemaña, onde casou coa princesa Adelaide de Löwenstein-Wertheim-Rosenberg, que lle deu seis fillas e un fillo, Miguel, Duque de Bragança.
Rei de Portugal | ||
---|---|---|
Segue a: María II de Portugal |
Miguel I de Portugal | Precede a: María II de Portugal |
Dinastía de Braganza |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |