Minnesota Timberwolves

Minnesota Timberwolves
Minnesota Timberwolves logo
Minnesota Timberwolves logo
Información xeral
Conferencia Oeste
División Noroeste
Fundación 1989
Cores                          Azul, verde
Retirados 1 (2)
Localización
Cidade Minnesota Minneapolis, Minnesota
Pavillón Target Center
Capacidade 19.356 espectadores
Inauguración 13 de outubro de 1990
Persoal
Propietario(s) Glen Taylor
Director Sachin Gupta
Adestrador Chris Finch
Títulos
Campión 0
Conferencia 0
División 1 (2004)
timberwolves.com

Os Minnesota Timberwolves son un equipo profesional de baloncesto estadounidense coa súa sede en Minneapolis, Minnesota. Xogan na División Noroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Fundado en 1989, o propietario actual do equipo é Glen Taylor. Os Timberwolves xogaban os seus partidos coma locais no Metrodome, antes de pasar a xogar no Target Center en 1990.

Coma a maioría dos equipos de expansión, tivo dificultades nos primeiros anos, pero a adquisición de Kevin Garnett no Draft da NBA de 1995, o equipo chegou aos Playoffs en oito tempadas consecutivas, de 1997 a 2004. A pesar de perder en primeira rolda nas sete primeiras participacións, os Timberwolves gañaron o seu primeiro título de división en 2004, e chegaron ás finais da Conferencia Oeste. Garnett foi ademais nomeado MVP da Tempada da NBA nesa tempada. O equipo estivo en reconstrución dende o traspaso de Garnett aos Boston Celtics en 2007.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy