Minuto

O minuto (símbolo min)[1] é unha unidade de tempo que equivale á sesaxésima parte dunha hora. Tamén equivale a 60 segundos, que é a unidade de tempo do Sistema Internacional de Unidades.

Isto é:

1/60 h = 1 min = 60 s

O vocábulo minuto provén do latín pars minuta prima, que significa ‘parte diminuta primeira’, coa mesma etimoloxía que «menor». O segundo era denominado pars minuta secunda, a ‘parte diminuta segunda’.

  1. Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. Galinova. p. 220. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in