Misery | |
---|---|
Título orixinal | Misery |
Autor/a | Stephen King |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Terror psicolóxico |
Editorial | Viking |
Data de pub. | 8 de xuño de 1987 |
Formato | Impreso (tapas duras) |
Páxinas | 320 |
ISBN | ISBN 978-0-670-81364-3 |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
Misery é unha novela de terror psicolóxico de Stephen King que foi publicada en 1987. Esta novela foi nomeada ó Premio Mundial de Fantasía á mellor novela no ano 1988,[1] e foi adaptada posteriormente nun filme e nunha obra teatral homónima. Cando King estaba a escribir Misery en 1985, pensou en publicar o libro baixo o pseudónimo de "Richard Bachman", mais a identidade do pseudónimo foi descuberta antes do lanzamento.[2]
A novela céntrase na personaxe de Paul Sheldon, un famoso escritor de novelas románticas da era vitoriana creador da serie de Misery Chastain. Un día, é restacado dun accidente de coche por unha fanática tola polos seus libros, Annie Wilkes, que o leva ó seu fogar, e que unha vez que descobre o que lle ocorre a Misery na derradeira entrega, obrígalle a escribir un novo libro para cambiar a historia.